NOTAS DE PRENSA

 

Cáritas Interparroquial de Arousa está a organizar a terceira edición de Caritarte, por este motivo quere lembrar a través deste medio que permanece aberto o prazo de recollida de obras.

Esta terceira edición vaise celebrar na Sala Rivas Briones de Vilagarcia entre os días dez e trinta de novembro, para a cal pedimos a colaboración desinteresada de tódolos artistas interesados en participar mediante a doazón dunha obra para a citada exposición.

O lugar de recepción das obras é o Comedor Social de Cáritas en Vilagarcía en horario de luns a venres de 08:30 a 18:30 e a data límite de entrega é o vindeiro dous de novembro; nocaso de non dispoñer do mesmo, Cáritas porá a disposición dos artistas un medio de transporte para o carrexo das obras.

Se se fai o envío a través de correo ou mensaxería pode remitirse a:Cáritas Interparroquial de Arousa Praza da Constitución, 16 - 36.600 - Vilagarcía de Arousa -Pontevedra

Este ano, como o ano anterior, os artistas quedarán co cincuenta por cento (50%) do valor de venda das súas obras e o cincuenta (50%) restante será cedido a Cáritas (tamén pode ser o 100% a indicación do artista). Co fin de vender o maior número posible de obras, agradeceríamos, que o importe total da obra non superase os 1.000 €. Coma na pasada edición as obras non vendidas serán devoltas aos seus autores.

Vilagarcía de Arousa a dezanove de outubro de 2007.