BASES

  1. A Exposición celebrarase na Sala de Exposicións Anton Rivas Briones en Vilagarcía entre o 10 de novembro e o 30 de novembro de 2007, data límite para a venda de obras.
  2. Os prezos de venda das obras serán establecidos polos propios autores.
  3. A recadación polas vendas será a partes iguais a dividir entre o autor da obra e Cáritas Interparroquial de Arousa.
  4. A reserva e venda das obras só poderá ser efectuada a partires do martes 10 de novembro ás 20:00 horas.
  5. As obras poderán ser reservadas durante un prazo máximo de vintecatro horas, agás na fin de semana, sinalándose a obra cun círculo verde. O pago das mesmas farase efectivo mediante ingreso bancario na conta de Caixanova n º 2080 0067 2 2 0040033817, facendo constar no ingreso bancario o nome do comprador e no asunto deberá figurar Caritarte 2007 e o nome do artista e da obra.
  6. As obras mercadas serán recollidas a partires do día 12 de decembro en Cáritas Interparroquial de Arousa en horario de 08:00 a 18:30 horas.
  7. As obras non vendidas serán recollidas polos autores dende o 12 de decembro ao 12 de xaneiro nas dependencias de Cáritas en horario de 08:00 a 18:30 horas de luns a venres, presentando o recibo da obra ou o DNI.